O Club Ahede Responde a Espazo Común

COMUNICADO DO CLUB DE PATINAXE AEHDE AO GRUPO ESPAZO COMÚN POLOS SEUS ATAQUES A NOSA ENTIDADE

Publicidade

1. O Club Patinaxe Aehde é unha entidade sen ánimo de lucro, que ten como único fin fomentar a patinaxe na comarca de O Carballiño e que ao longo de sete anos de vida pasou de contar con apenas unha ducia de patinadoras a superar o cento. O club dividise en cinco sección: escola, Competición de patinaxe artistica individual, Competición de show, Patinaxe en Familia e Adultos. Para a súa información é  o único club galego que ten patinaxea artística e liña e as modalidades de artística, freestyle e velocidade.

2. A súa xunta directiva está formada por xente que traballa dun xeito desisteresado e altruista por un deporte de base e en femenino. Eso é o importante, non o parentesco de ninguén. Por certo, que a persoa que vostedes acusan xa non é tesoreira da entidade; e por certo tamén, a persoa aludida foi unha das percursoras deste deporte no Carballiño. A captura que vostedes utilizaron está nunha web que sen actualizar dende fai tempo.

3. Parécenos moi grave que se nos utilice nunha liorta política dando a entender que a axuda é excesiva. É a primeiro vez que un grupo político cuestiona a un club de base e en feminino, porque o 82 % das nosas patinadoras son mulleres. Qué magoa que suceda esto nun momento onde a maioría da clase política pecha filas co deporte feminino e co deporte de base para fomentar os hábitos saludables entre as pequenas e pequenos e a igualdade entre sexos.

4. Ese diñeiro que a vostedes lle parece esaxerado é o 19,6 % do presuposto do noso clube, que conta cunha adestradora titulada nivel 3 (o máximo existente), dúas adestradoras de nivel 1, un licenciado en IINEF e unha monitoria de patinaxe artístico, ademáis de colaboracións dun máster en psicoloxía deportiva e dunha adestradora de danza. Ademáis, gran parte dese dineiro vai a parar a escola do club, que no seu día era de titularidade municipal e que nós recollemos para manter viva a chama deste deporte e para darlle saída a unha demanda existente na vila. Por certo que as nosas contas son transparentes e están a disposición de calquera. Non nunca fomos investigados, algo que non poden decir todos.

5. Non reparan vostedes no retorno que ten ese diñeiro. A tempada pasada organizamos cinco eventos de relieve que lle deron vida ao povo e encheron hoteis e restaurantes. So teñen as súas señorias que preguntar e verificalo.

5. En vez de criticar estaría ben que ese grupo político se interesase polo noso funcionamento e as nosas necesidades antes de botar a lingua a pacer.

6. Se o Club Aehde ou esta directiva son un problema, poden vir vostedes a xestionar o club que sempre foron unhas persoas comprometidas co deporte de base e as necesidades do deporte carballiñés. Nós non temos ningún apego ao cargo. Outros, que nunca se xubilan, parece que sí.