Os doce colexios da comarca farán a Gala de Nadal virtual máis multitudinaria

Debido á situación deste ano, os xa tradicionais festivais de Nadal non se poderán celebrar. Os centros educativos da comarca xuntáronse para facer a maior e máis grande Gala de Nadal, na que participarán exactamente 2.459 alumnos e alumnas de idades comprendidas entre os 3 e os 18 anos, de todos os centros educativos  da comarca e de todas as etapas educativas. Esta iniciativa foi presentada hoxe polos 12 directores dos centros da comarca.

Esta Gala terá  un escenario principal que será o Auditorio do Carballiño e os outros escenarios, serán os 12 centros da comarca que se uniron de xeito telemático. O público estará sentado en cada un dos seus pupitres nas máis de 150 aulas, podendo desfrutar das actuacións na distancia. A presentación da gala será a cargo do grupo de teatro “Dar Trela”  e haberá actuacións do Mago Kiko Pasteur e de Noemi Duro.

AVANTAR ACTIVIDADES

En directo no auditorio estarán presentes 60 pais/nais representando proporcionalmente ao número de alumnos/as de cada centro, por rigorosa invitación levada a cabo dende as ANPAS.

O alcalde participou na presentación de hoxe, na que agradeceu o labor feito pola comunidade educativa e do bo traballo feito durante estes duros meses.