A Deputación celebra os 100 anos da declaración de San Pedro de Rocas como monumento con récord de visitas: 40.000 desde principios de ano

Conmemoración 100 anos San Pedro de Rocas como Monumento Nacional.- O presidente da Deputación, Luis Menor, preside o acto público de conmemoración dos 100 anos da declaración de San Pedro de Rocas como Monumento Nacional. Tamén participan no acto, Manuel Baltar (Expresidenta da Deputación Ourense), María del Carmen Martínez Insua (Director Xeral de Patrimonio da Xunta de Galicia), Mario Rodríguez González (Alcale de Esgos), Carlos Gómez Blanco (Alcalde de Xunqueira de Espadanedo), e outras autoridades e veciños da contorna. En San Pedro de Rocas (Esgos).
II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

A Deputación de Ourense organizou esta mañá no mosteiro de San Pedro de Rocas un acto conmemorativo para celebrar o centenario da declaración do cenobio como monumento arquitectónico-artístico, tal e como recollía en 1923 a Gaceta de Madrid, precursora do Boletín Oficial do Estado. Unha efeméride, dixo o presidente da Deputación de Ourense, Luis Menor, que permite destacar a relevancia dun conxunto histórico que “trascende o ámbito da provincia de Ourense e demostra ser o maior enclave de atracción da Ribeira Sacra”, cun novo récord de visitantes: case 40.000 desde principios de ano. 

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Luis Menor estivo acompañado en San Pedro de Rocas pola directora xeral de Patrimonio Cultural da Xunta, María del Carmen Martínez Insua; o subdelegado do Goberno, Emilio González Afonso; alcaldes da Ribeira Sacra ourensá e lucense; así como outros representantes do Bispado de Ourense, do mundo da cultura e da universidade e mailo expresidente da Deputación e senador, Manuel Baltar. 

Luis Menor afirmou na súa intervención que unha data como esta “non debe quedarse nunha mirada ao pasado”, subliñando o progresivo aumento de visitas que rexistra o mosteiro. A mes de agosto Rocas recibiu a 12.000 persoas, casi un 4 % máis que no mesmo período de 2022.  

O presidente da Deputación considera que este e outros datos técnicos recollidos polos responsables do mosteiro axudarán a prestar un servizo aínda máis eficiente aos visitantes, como por exemplo a continua actualización da información a través de internet; a mellora da sinalización ou o uso de aplicacións móbiles “que poden axudarnos a facilitar a visita e satisfacer a necesidade de información das persoas que nos visitan”. O 79 % das procuras relacionadas con San Pedro de Rocas, engadiu, faise a través do móbil”. Citou ademais outros aspectos que valoran os turistas como a beleza da contorna, a montaxe do Centro de Interpretación, o trato do persoal e o coidado e limpeza do espazo. 

Menor, que agradeceu a colaboración e implicación da Xunta co mosteiro, defendeu Menor a necesidade de seguir estudando a súa historia, “para coñecer aínda mellor a súa relevancia e así tamén ser quen de dar resposta á crecente demanda de turismo cultural”.  

Rocas, unha das primeiras anotacións do actual Rexistro de Patrimonio da Xunta 

Pola súa banda, María del Carmen Martínez Insua explicou o gran orgullo que supón comprobar o bo coidado e conservación de Rocas. “Este é o comezo da nosa cristiandade, como elemento emblemático e singular. Todos os estudosos entenden a San Pedro de Rocas como un dos bens máis singulares de Galicia, e foi precisamente unha das primeiras anotacións do actual Rexistro de Patrimonio da Xunta“. A directora xeral explicou os principios xurídicos que rexeron o nomeamento de Rocas como monumento hai un século, que seguen sendo os que rexen agora mesmo o patrimonio cultural de Galicia, como por exemplo que “sen previo permiso non poderá procederse, baixo ningún concepto, ao derribo ou a deturpar este monumento”. 

No acto participou tamén alcalde de Esgos, Mario Rodríguez, que quixo ter un recordo especial para Manuel Ángel, exrexedor do municipio, como a primeira persoa “que empezou a promocionar a Ribeira Sacra e San Pedro de Rocas hai 30 anos, e conseguiu unir aos alcaldes da contorna en torno ao potencial desta zona da provincia”, acadando daquela a primeira oficina de Turismo.