Alfonso “Pisko” Ventín imponse no rallymix Cuntis v.t.

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

Alfonso “Pisko” Ventín, aos mandos dun Yacarcross, foi o vencedor do Rallymix Cuntis Vila Termal, quinta proba puntuable para o Campionato Galego da especialidade.

Ventín, un dos pilotos máis en forma do automobilismo galego, foi dominador da cita pontevedresa, incluso despois de sufrir un pequeno percance na xornada do sábado. O da Escudería Pontevedra 1984 Team, que evidentemente foi o primeiro clasificado na Clase A, cun tempo de 51:51.110, aventaxou ao segundo clasificado da competición, Javier Ramilo “Kobas”, en algo máis de 27 segundos, na que é a proba con máis quilometraxe cronometrado de todo o certame. Completou os tres primeiros clasificados, Sergio Fernández, que no Speed Car deixouse  1:11 minutos co primeiro clasificado.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Dentro da Clase B, primeiro triunfo da tempada para Francisco Dorado e Andrea Lamas, que amosaron a súa evolución na especialidade.

Dorado e Lamas loitaron durante toda a fin de semana con Manuel Osorio e Alberto dos Reis, que remataron fora da competición por unha saída. Desta forma, o segundo chanzo do podio foi para Diego Vila e Álex Sampayo, a 1:19 minutos e o terceiro para Jaime Pérez e Gonzalo Cardalda, a 1:46.

Dentro da Copa Pirelli K6, primeira posición para Omar López e Álvaro Cerqueiras, con Luis Caridad e Iván Bergondo, segundos, e Miguel Ángel Caeiro e Alejandro Hermida, na terceira plaza.

A seguinte proba puntuable para o Campionato Galego de Rallymix será en Barbadás a última fin de semana do mes de outubro. A cita ourensá será o epílogo da tempada de rallymix galego en 2023.