Vinte escolares do último curso de ensino secundario do Instituto arxentino-galego Santiago Apóstolo de Buenos Aires, visitan O Carballiño durante a súa viaxe de estudos en Galicia
Acompañados por dúas profesoras do colexio galego da capital porteña, que atende tres niveis de ensino: infantil, primaria e secundaria, o grupo desenvolveu varias actividades na provinca de Ourense, destacando a visita á Insua dos Poetas.
Os alumnos e alumnas, egresados do Santiago Apóstol porteño, foron recibidos na Insua dos Poetas polo seu presidente, o escritor Luís González Tosar, nado en Buenos Aires en 1952, membro correspondente, en representación de Galicia, da Academia Argentina de Letras.