COMUNICADO DO CONCELLO : “QUEDAR NA CASA”

O concello agradece á veciñanza o cumprimento estricto das medidas impostas para evitar a transmisión do coronavirus, e cuxa principal norma é “QUEDAR NA CASA”, evitando as saídas dos domicilios ao mínimo indispensable para mercar alimentos, buscar medicinas na farmacia ou por traballo.

Publicidade

Ao respecto, recórdase que o incumprimento desta medida está penalizado con multas.

A loita contra o coronavirus é unha responsabilidade de todos e todas, e canto menos salgamos á rúa, e adoitemos todas as medidas preventivas anunciadas polas autoridades, menos posibilidades de contaxio haberá, ata que se consiga parar por completo a transmisión.