O BNG propón unha batería de medidas anticrise para Ribadavia

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

Para o BNG, o concello de Ribadavia debe concentrar os recursos de que dispomos na emerxencia social e na reactivación económica. Aseguran que en maio de 2020 acordouse destinar por unanimidade do pleno municipal 120.000 euros para un Fondo de Emerxencia a Autónomos,  Pemes e outras axudas para promocion e activacion do comercio local; e 30.000 euros en axudas de emerxencia social. Pero recordan que a súa aplicación acabou sendo moi parcial, non chegando a gastarse case a metade deses fondos.

Para este ano propoñen un plan de inversión anticrise con algunhas aportacións:

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO
  • Un cheque bebé de 3.000 euros, con 30 nacementos por ano, son 100 euros para cada familia. Propoñen incrementar a partida de cheque bebé ou se non, establecer prioridades para que cheguen cantidades suficientes para familias que tiveron un fillo pero están desempregadas, son monoparentais e en definitiva contan con poucos recursos.
  • Invertir a longo prazo r nun proxecto de consenso para o futuro da Fundación Nosa Señora dos Anxos co arranxo das súas instalacións.
  • Unha convocatoria de axudas para a realización de actividades culturais, aberta a calquera asociación deste concello, con cargo ás partidas xerais de actividades culturais e deportivas.
  • A supresión durante 2021 da taxa de licenzas de apertura para incentivar o investimento local.
  • Un plan de obras equitativo territorialmente, que priorice os espazos públicos máis degradados e que se inclúa como anexo a estes orzamentos.
  • A creación dun catálogo público de vivenda a alugar e rehabilitar, para por en contacto a propietarios e interesados en vivir no noso concello e dinamizar a rehabilitación e ocupación do parque de vivenda xa existente.
  • Redución no imposto de bens inmobles para aqueles locais pechados que sexan alugados.
  • Exención do pagamento do IBI rústico ás fincas agrícolas que estean cultivadas.
  • Elaboración dun estudo de custes dos servizos de recollida e tratamento do lixo, abastecemento e saneamento de augas, recadación municipal e iluminación pública para producir un aforro no custe de prestación destes servizos.