OzocoGz celebra o día de Rosalía con música, recital e con agasallos

Este venres, día 23 de febreiro, celébrase o Día de Rosalía de Castro. Na súa aposta pola cultura galega, a tenda OzocoGz organiza un amplo cartaz de actividades para este día. Haberá unha lectura de manifesto a cargo de Angélica e Chus; alborada de Rosalía de Alexandre Graña; lectura da obra da autora, música en vivo e unha cunquiña de Caldo de Gloria para todos os que se acheguen.

Ademais disto teñen tamén unha sorpresa para todos os que merquen un libro ata o 3 de marzo. Por cada compra na que se inclúa, cando menos un libro en galego darán de agasallo un exemplar desta escolma rosaliana titulada ‘Celebrarmos Rosalía’, realizada por Anxo Angueira e editada por Casa de Rosalía e Edición Xistral. Tamén será válido para compras realizadas na tenda online.

AVANTAR ACTIVIDADES