Cortegada mantén o ascenso, subindo hoxe ata os 8 casos activos

Cortegada conta hoxe con oito casos activos, dous máis ca onte, logo de descender esta fin de semana. A evolución deste concello volve a preocupar, duplicando os casos nun día, logo de superar un brote a pasada semana. Hoxe presenta o máximo da comarca.

Publicidade

Ribadavia sitúase nos 2 positivos, os mesmos casos ca onte. O concello de Melón, libre de virus incorpora hoxe dous casos activos.

O concello de Beade conta hoxe cun so positivo, ó reducir os dous contaxios que tiña onte. Recordamos que Beade fixo fronte a un brote de 7 persoas que o puxo coma único concello galego en nivel máximo de restricións.

Os demais concellos, Leiro, Arnoia, Avión, Carballeda de Avia, Castrelo de Miño e Cenlle están libres de covid.