“A Poesía era A-Quilo”, este sábado na Praza de Abastos

Os encontros poéticos na Praza de Abastos, “A Poesía era A-Quilo” aprazou a súa presentación do pasado sábado a causa da situación sanitaria. Durante as próximas fins de semana, comezando por este sábado a mediodía, a cultura chegará á praza como elemento dinamizador. Quico Valeiras, o seu promotor, cóntanos de onde nace esta idea.

A idea é que, a partir desta proba, se creen uns ciclos de poesía que poidan ter neste lugar o seu mellor esceario, estudando a posibilidade de volver de novo no outono.

AVANTAR ACTIVIDADES

Tamén preguntamos ó presidente da Praza de Abastos, Eligio González, que valora de xeito moi positivo implementar actividades neste entorno para darlle vida.