Poder tomar algo nunha terraza non nos autoriza a estar toda a tarde nela

IES CHAMOSO LAMAS

Convén recordar que na fase 1 seguen vixentes os horarios permitidos para pasear e outras actividades. Hai que aplicar o sentido común, pois en caso contrario o sacrificio de estes case dous meses non valdrá para nada

NESTA FASE 1 PODEREMOS VISITAR A FAMILIARES E AMIGOS EN REUNIÓNS DE ATA 10 PERSOAS. RECOMENDAN OS EXPERTOS QUE SEXAN SEMPRE AS MESMAS NA MEDIDA DO POSIBLE PARA EVITAR AMPLIAR O CÍRCULO SOCIAL O QUE DIFICULATARÍA CONTROLAR TODOS OS CONTACTOS EN CASO DUN NOVO CONTAXIO DE CORONAVIRUS

OZOCOgz Deseño Galego

Esas reunión poderán ser tanto en domicilios como terrazas dos bares. Amplíanse e moito as actividades permitidas nesta fase e iso implica liberdade de movemento para poder facelas a calquera hora.

Poderemos desprazarnos para elo dentro de todo o territorio da provincia. A pesar disto, seguen os horarios para facer deporte, pasear e saír cos nenos, nos núcleos de mais de 5000 habitantes, aquí exclusivamente o casco urbano do Carballiño. Estes horarios non estarán establecidos para ningunha das parroquias do Carballiño

Onte tamén permitiuse a apertura, con restricións de aforo e normas de seguridade sanitaria, hoteis, igrexas, bibliotecas, e permítense os velatorios.