O Grupo Popular no Concello recibiu con sorpresa e preocupación a resposta do grupo de goberno sobre a valoración da Festa do Pulpo.

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

O PP do Carballiño sinalou as deficiencias que ao noso entender tivo a Festa do Pulpo de este ano e, ademáis, ofreciamos posibles solucións para as mesmas. No seu comunicado o grupo socialista omite calquera referencia a estas deficiencias e solucións que se lle poñen de manifesto. En definitiva, é triste ver como pechan os ollos á realidade e limítanse a atacar ao mensaxeiro, en vez de escoitar e tentar solucionar os problemas.

A realidade e que desde todos os grupos municipais se criticou, por unhas ou outras razóns, a organización de esta edición da festa do Pulpo. E isto levaría a calquera a pensar que existen cousas que non se fixeron ben e que se poden mellorar, cousas que o Grupo Popular xa explicou na nosa anterior nota. Isto pensaría calquera, polo visto menos o actual grupo de goberno. Eles prefiren pensar que existe unha “alianza tácita” entre o PP do Carballiño, Espazo Común e o Alcalde de Ourense, algo próximo a unha teima persecutoria, algo así como que “nos facemos todo ben pero todos están contra nós”, esquecendo que hasta fai pouco tempo era o grupo Socialista, e desde logo non o Popular, quen ía collido da man con Espazo Común. Que grupos cunha forma tan distinta de facer política como  Popular e o de Espazo Común coincidan en sinalar as deficiencias de esta edición da Festa do Pulpo debería levar ao goberno municipal a reflexionar sobre o que fixeron mal, en lugar de a inventarse alianzas.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Gustaríanos que o grupo de goberno saíse de unha vez por todas da cegueira que non lle deixa ver a realidade, lea con atención a nota de prensa do Grupo Popular e pense se algunha das cousas que lle estamos a dicir é certa, e se se pode traballar máis para mellorar a Festa do Pulpo e situala onde todos queremos e a nosa Festa merece.

E se prefiren seguir a pensar en alianzas tácitas ou en que o PP do Carballiño considera “como algo negativo que a Festa do Pulpo recuperase o volume previo á pandemia, cando iso é algo do que todos deberiamos estar orgullosos e satisfeitos” nos teremos que explicarlles que o PP do Carballiño está orgulloso da Festa do Pulpo, pero non satisfeito co traballo que o Grupo de Goberno fixo este ano, porque deixou moito que desexar, polas razóns que xa explicamos e non vamos repetir agora. A pena é que o Grupo Socialista estea tan satisfeito do seu traballo que non vexa todas as súas deficiencias, non escoite a quen llas pon de manifesto, e con elo amose a súa total incapacidade para corrixilas  nas vindeiras edicións.