A Deputación convocará unha oferta de emprego público extraordinaria para estabilizar 84 prazas

IES CHAMOSO LAMAS

O vicepresidente terceiro da Deputación e responsable da área de Persoal, Plácido Álvarez, resalta que este proceso, “obrigatorio para todas as administracións públicas de España”, resolveuse con acordo na mesa xeral de negociación

A Deputación convocará unha oferta de emprego público extraordinaria para a estabilización do emprego temporal atendendo a Lei 20/21, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público. A oferta abarcará 84 prazas

HIPER MASIDE

“Esta lei persegue reducir a temporalidade nas administracións públicas, o seu obxectivo é situarla nun 8%”, remarca o vicepresidente terceiro da Deputación e responsable da área de Persoal, Plácido Álvarez, que lembra ca aplicación desta lei, obrigatoria para todas as administracións públicas de España, é “moi esixente en prazos”. Ten que estar aprobada antes do 1 de xuño, “e estamos na vía de cumprila. As convocatorias teremos que aprobalas antes do 31 de decembro e todos os procesos selectivos teñen que estar rematados a finais do 2024”.

Proceso culminado con acordo na mesa xeral de negociación

No tocante ao deseño desta oferta de emprego público extraordinaria, o 22 de abril lanzouse unha proposta inicial para a formulación desta oferta de emprego público. E o 4 de maio formulouse unha addenda para, entre outras cousas, incorporar unha serie de prazas ós procesos de estabilización no relativo ao persoal procedente do Concello de Os Blancos, no que a Deputación se subrogou como empregador do persoal laboral municipal adscrito aos servizos de pavimentación de vías públicas e o de abastecemento domiciliario de auga potable e depuración. 

O vicepresidente terceiro da Deputación, Plácido Álvarez, remarca que todo o proceso foi aprobado na mesa xeral de negociación. “Acadouse o acordo na mesas -celebradas o 22 de abril e 6 de maio-, co voto a favor de UGT, CCOO e CSIF”. 

Das 84 prazas estabilizadas, por sistema de selección de concurso-oposición serán 30 prazas e por concurso, outras 54. Unha vez estabilizadas estas prazas, a temporalidade na Deputación  de Ourense descenderá un 12%. 

Total de prazas consolidadas

En concreto, o proceso consolidará 32 prazas de chofer-operario de lixo; 17 prazas de operario de lixo; 9 prazas de bombeiro-condutor; 4 prazas de peón de mantemento; 3 prazas de operario de canceira; 2 prazas de porteiros; 2 prazas de limpador e unha praza de albanel, auxiliar de oficina, auxiliar de recollida de animais abandonados, chofer especialista, mecánico, operario, mestre de canto e pandeireta, mestre de percusión, peón de xardinería, coordinador do servizo de pavimentación de vías públicas e acceso a núcleos de poboación, capataz do servizo de pavimentación de vías públicas e acceso a núcleos de poboación e tractorista do servizo de abastecemento domiciliario de auga potable e depuración.