O Carballiño acollerá en outubro e novembro a XV edición da Mostra de Teatro Amador Terras de Orcellón, organizada polo grupo de teatro Tiruleque co patrocinio da Deputación de Ourense e o Concello do Carballiño.
A XVI Mostra de Teatro Amador Terras de Orcellón programará sete obras de compañías galegas entre outubro e novembro: todas celebraranse no Auditorio Manuel María do Carballiño a partir das 20,00 horas. Este ano, por primeira vez, Tiruleque non actuará nesta mostra, por motivos organizativos que explicou o seu presidente.