CD Arenteiro, que viña facendo os traballos previos necesarios para a colocación de Grada supletoria en terreos colindantes a Espiñedo, para o que conta coa autorización dos seus titulares, e coa colaboración do propio concello nalgún caso, atopouse agora con que dende o consistorio non outorgan a licencia de instalación necesaria, unha licencia xa estudiada polos equipos técnicos.
Despois que catro arduos meses de negociacións múltiples cos diferentes titulares dos terreos colindantes para chegar a un acordo, logo de recibir unha denuncia de legalidade urbanística realizada por entidade ou persoa descoñecida, o club ten que renunciar a esta ampliación para a que leva invertido moitas horas de traballo pero que non conta cos apoios precisos para sacar a adiante.
Dende o concello, o arquitecto municipal asegura que o proxecto de obra consistía en dúas fases. A inicial, que xa se desenvolveu, era unha obra interna no campo, na que tamén se incluía a retirarada do muro de pedra. A segunda fase sería a explanación exterior e construcción da grada. Para a primeira delas non houbo problema coa licencia, mentres que para a segunda si.
A licencia non se pode conceder ao tratarse de solo rústico, que non permite a construcción. Podería concederse un movemento de terras, pero non a construcción sobre el.
Dende a Directiva de CD Arenteiro, aseguran que non poden seguir con esta iniciativa, pois facer unha instalación deste tipo, con permanencia de 2 temporadas, sen o amparo xurídico necesario sería unha ilegalidade manifiesta ademáis dunha temeridade de consecuencias incalculables en caso dalgún percance futuro. CD Arenteiro, ten que seguir hacia adiante e reorienta agora o proxecto de mellora sen saírse dos lindes do actual recinto municipal de Espiñedo, levantando un novo peche, xa non de pedra, toda vez que a que se sacóu está depositado en dependencias municipais para a súa reutilización, tal como se solicitou dende o Concello.
Dende CD Arenteiro, afirman que agora a maior prioridade é rematar estas obras canto antes, e que queden o máis dignas posibles e por suposto e ante todo, darlle solución aos 176 socios/as que teñen asignado o seu carnet para esa parte do campo baixo unha expectativa de espacio que non será realidade, e que de momento poderán seguir usando a grada principal se o desexan, pois da cabida para todo o que é socio a data de hoxe.
O club deixa agora nas mans do Concello a localización e realización dun campo de futbol que responda as necesidades do equipo. CD Arenteiro, tiña un reto claro que non era outro que dar maior aforo e comodidade aos socios/as, cumprir co requisito de aforo de 4000 persoas fixado pola RFEF e dando igualmente unha mellor imaxen do noso estadio e do Carballiño, pero está claro que non saíron as cousas como era intención.
Dende CD Arenteiro aseguran que xa se lle ten trasladado aos gobernantes municipais, a necesidade de saber si se vai a poder contar en breve cun proxecto que englobe un campo de futbol da categoría do club e de prestixio para o Carballiño, cun aforo mínimo de 4000 persoas e alumeado en condicions.
A Directiva de CD Arenteiro, pide disculpas pola parte que lle toca, e pide a toda a aficción, socios e socias, que non deixen de soñar e que algún día coincidirá que sexamos grandes en equipo e en infraestructuras”.