A XVI Mostra de Teatro Amador “Terras do Orcellón” que continúa coas súas representacións coa comedia CRÓNICAS DUN POBO a cargo de Gargallada Teatro do Barco de Valdeorras. Coma sempre será no Auditorio Manuel María do Carballiño ás oito da tarde deste sábado, 14 de outubro.
“Nas guerras todas as nais padecen do corazón”. Crónica dun pobo achega á escena unha visión traxicómica sobre as guerras e os réximes autoritarios desde o punto de vista das xentes do común, que son realmente quen padecen as súas desastrosas consecuencias. Todo isto pasado pola peneira do humor mordaz de Miguel Gila a través das clásicas escenas do absurdo nos campos de batalla e nos cuarteis, protagonizadas por un mariñeiro e un ferreiro que son amigos pero en realidade son inimigos, unha avoa que debe coidar do seu netiño, unha rapaza trastornada pola barbarie, un vendedor de globos de cores e bonecos, unha muller a quen os bombardeos impiden ir lavar a roupa e un ditador co seu séquito de secretarios, censores e verdugos, aclamado por folclóricas e toureiros. Farsa histórica do que un día non moi distante estragou todo un país e que nunca xamais debería volver suceder.
ELENCO
Xosé Lois Conde | Marcos e Toureiro |
Juanjo Fernández | David |
Reyes Limia | Señora e Flamenca 1 |
Jose Manuel G. Borace | Cecilio |
Álvaro Baños | Soldado e Asistente |
Aurora Fernández | Avoa |
Carmen Hernández | Rapaza e Flamenca 2 |
Lalo Sántos | Capitán e Secretario |
Manuel González | Sarxento |
Moncho Díaz | Vendedor ambulante e Censor |
Ángel Rodríguez | Verdugo |
Emilio González López | Ditador |
Xabier Blanco | Corneta, Guitarra e Flamenco |
Antela Roo | Acordeón |
EQUIPO TÉCNICO
Dirección | Manuel Caramés |
Don Nicanor | Artesanía Enxebre |
Escenografía | Gargallada Teatro e Carpintería Raúl |
Vestiario | Confecciones Mayayo e Manuel Caramés |
Iluminación e Son | Vanesa Yáñez (Ton & Son) / Manuel Caramés |
Duración: 70 minutos.
Comedia. Para tódolos públicos.