O Concello de Allariz, ABANCA e Afundación amosan «Berces de vida»

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

A inauguración terá lugar o luns, na Casa da Cultura, e está enmarcada en «Corrente cultural», un programa enfocado á promoción de actividades culturais máis alá das sedes de Afundación
13.10.2023. Afundación, o Concello de Allariz e ABANCA presentarán o luns 16 de outubro ás 12.00 h, na Casa da Cultura, a mostra «Berces de vida. De paseo polos bosques de España». No acto estarán Cristina Cid Fernández, alcaldesa de Allariz; Mateo Alonso San Román, coordinador institucional de ABANCA en Ourense; e Beatriz Fernández-Anguiano, coordinadora institucional de Afundación en Ourense e Lugo. Esta mostra está incluída en «Corrente cultural», un programa enfocado á promoción de actividades culturais máis alá das sedes de Afundación.
«Berces de vida» permanecerá aberta desde o 16 de outubro ata o 17 de novembro na Casa de Cultura de Allariz e poderase visitar de luns a venres de 09.00 a 14.00 horas e de 16.00 a 18.30 h. A mostra, en colaboración con Lunwerg, reúne 26 fotografías da biodiversidade das fragas e bosques de España e está comisariada por Joaquín Araújo.

Evento Inauguración da mostra «Berces de vida»
Lugar Casa da Cultura de Allariz
Data e hora Luns, 16 de outubro, 12.00 h

Asistentes Cristina Cid Fernández, alcaldesa de Allariz
Mateo Alonso San Román, coordinador institucional de ABANCA en Ourense
Beatriz Fernández-Anguiano, coordinadora institucional de Afundación en Ourense e Lugo