9 voluntarios da Agrupacion Local de Proteccion Civil do Carballiño participaron nas VII Xornadas de Convivencia

Onte sábado 9 voluntarios da Agrupacion Local de Proteccion Civil do Carballiño participan nas VII XORNADAS DE CONVIVENCIA DOS VOLUNTARIOS E VOLUNTARIAS DE PROTECCIÓN CIVIL DE OURENSE que se están a celebrar na Ribeira Sacra.

A organización desta xornada pretende recoñecer o labor dun colectivo, o voluntariado de Protección Civil, formado por preto de 4.500 voluntarios pertencentes a 235 agrupacións en toda Galicia. Este colectivo colabora durante todo o ano, de forma altruísta e desinteresada, en todo tipo de emerxencias e operativos velando pola seguridade das persoas. 

AVANTAR ACTIVIDADES

Cun marcado carácter lúdico, a Xornada de Convivencia dispuxo dun programa no que os voluntarios e voluntarias de protección civil, ademais de participar en diversos talleres prácticos relacionados co mundo das emerxencias, puideron desfrutar dos encantos dunha das xoias da provincia ourensá, A Ribeira Sacra.  

O día completouse cun acto de recoñecemento ao labor feito polas voluntarias e voluntarios o longo da súa traxectoria e actividade en Protección Civil, mediante a entrega de medallas e condecoracións. Este acto tivo lugar durante o xantar de confraternidade celebrado en Pereiro de Aguiar, que serviu como clausura das xornadas