Álbum de Cromos do Club Carballiño Fútbol Sala

O CLUB CARBALLIÑO F.S. CONMEMORA O SEU 25 ANIVERSARIO EDITANDO UN ÁLBUM DE CROMOS DA TEMPADA 2019/2020

O Club Carballiño Fútbol Sala conmemora este ano o 25 aniversario da súa creación, e por este motivo vai desenvolver unha serie de actividades, entre as que se atopa a edición dun álbum de cromos do club da tempada 2019/2020.

AVANTAR ACTIVIDADES

Este álbum comezará a entregarse hoxe na pavillón de deportes Paco Chao a cada un dos 180 xogadores e xogadoras que forman parte do club, e terá o aliciente engadido de que haberá álbumes personalizados, pois na portada figurará a fotografía de cada xogador.

Os sobres dos cromos, que levarán seis cada un, venderanse ao prezo de 1 euro no pavillón municipal de deportes, en Futboleros e no establecemento de chuches da praza dos Irmáns Prieto. Asimesmo, haberá á venda un pack especial, cun número importante de cromos non repetidos, que se venderá a 20 euros, para poder completar os álbumes.

A iniciativa foi presentada esta mañá pola concelleira de Deportes, Silvia Baranda, e o presidente do club Carballiño F.S., José Manuel Vàzquez.

Silvia Baranda felicitou ao club por esta iniciativa que se pon en marcha por primeira vez, e dixo que se espera conseguir o mesmo éxito do álbum da escola de fútbol. Tamén adiantou que se levarán a cabo outras actividades dentro desta conmemoración, referíndose en concreto a un posible partido de alto interese programado pola Federación de Fútbol Sala, que se celebraría no pavillón Paco Chao este mesmo ano.

José Manuel Vázquez  considera que se trata dunha iniciativa moi interesante tanto para os xogadores como para o club, e por eso pide a máxima colaboración das familias e afeccionados. Destacou o gran número de fotos que se fixeron e a boa calidade das mesmas, e cre que será un digno recordo desta tampada e da celebración do 25 aniversario da creación do club.