A Xunta levará a cabo obras de mellora da seguridade viaria e da accesibilidade na estrada autonómica ou-312 en Lobios

  • O delegado territorial da Xunta anuncioulle esta mañá á alcaldesa a construción dunha senda en Torneiros
  • A  Consellería de Infraestruturas e Mobilidade investirá preto de 40.000 euros na mellora da seguridade e a accesibilidade desta estrada autonómica

O delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, mantivo un encontro esta mañá coa alcaldesa de Lobios, María del Carmen  Yáñez, no que informou de que a Consellería de Infraestruturas e Mobilidade seguirá cos traballos de mellora da seguridade e accesibilidade da estrada OU-312, coa execución dunha senda en Torneiros que suporá un investimento autonómico aproximado de 40.000 euros.

O delegado territorial explicou que se tata dunha senda en formigón que se habiltiará desde o punto quilométrico 6+900 ata o punto quilométrico 7+250, un total de 350 metros. A súa anchura será variable, entre 1,50 e 2,00 metros aproximadamente, e executarase dentro do dominio público dispoñible.

AVANTAR ACTIVIDADES

A actuación daralle continuidade á execución das obras das cunetas transitables de Bubaces: unha senda na estrada OU-312 xunto ao río Caldo, preto do núcleo de Bubaces, entre os quilómetros 6+540 a 6+900 e que contou cun investimento de 48.345.11 euros.

O obxectivo  desta actuación foi a de mellorar a seguridade viaria creando un itinerario peonil seguro, xa que a beiravía era escasa ou inexistente nalgún tramo. A senda  executouse en formigón armado e coloreado e tamén se mellorou a drenaxe lonxitudinal da estrada mediante un colector  cos seus sumidoiros e reixas correspondentes.