O Carballiño, 21 de outubro de 2026. A concelleira non adscrita do Concello do Carballiño, Sofía García, defenderá no pleno ordinario do mes de outubro unha moción para reclamar a creación dunha verdadeira Intermodal no Carballiño e unha mellora do transporte público, adaptándoo ás necesidades reais da veciñanza.
A iniciativa parte da necesidade de que o Carballiño dispoña dun sistema de transporte público moderno, accesible e útil para o día a día, que permita desprazarse para traballar, estudar, acudir ao médico ou ao hospital erealizar xestións sen depender necesariamente do vehículo privado. A moción alerta de que os actuais horarios non sempre responden ásnecesidades dos usuarios e sinalaespecialmente a redución das frecuencias durante as fins de semana e a falta de coordinación cos servizos ferroviarios e cotransporte urbano de Ourense.
Outro dos puntos centrais da moción é a situación actual da estación ferroviaria. O Concello ten arrendado a ADIF un local destinado a información e venda de billetes, ademais do uso do vestíbulo como zona de espera e dos aseos para os usuarios. Sen embargo, segundo expón a iniciativa, actualmente non existe atención presencial e as persoas usuarias o único que atopan son carteis, teléfonos e códigos QR para obter información. A esta situación súmase, ademais, o feito de que os baños permanecen pechados, unha situación que resulta especialmente inaceptable cando o propio contrato contempla expresamente o acceso dos usuarios aos aseos.
A concelleira considera que a dixitalización pode facilitar os servizos, pero non debe substituír a atención ás persoas, especialmente no caso das persoas maiores ou daqueles usuarios que teñen dificultades para utilizar ferramentasdixitais ou que simplemente necesitan recibir información e orientación no momento de chegará estación.
Para Sofía García, contar cun transporte público eficaz é tamén unha cuestión de calidade de vida, igualdade de oportunidades e futuro para o Carballiño. A moción resume esta reivindicación nunha idea:
“Unha vila ben comunicada medra e unha vila mal comunicada esmorece”
















