A Xunta axiliza as obras do complexo hospitalario universitario de ourense

O titular do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, durante a rolda de prensa posterior á reunión semanal do Consello da Xunta. San Caetano, Santiago de Compostela, 29/05/20.

O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, destacou hoxe na rolda de prensa do Consello un novo pulo na mellora das infraestruturas sanitarias coa axilización das obras do plan director do Complexo Hospitalario Universitario de Ourense.

Feijóo destaca que en Ourense se investirán 48 M€ para construír un novo edificio de hospitalización; reformar o Hospital materno infantil; e, por último, facer os nodos de conexión entre estes edificios e o edificio Cristal.

AVANTAR ACTIVIDADES

O presidente da Xunta explicou que para poder acometer estas obras á maior brevidade posible, Sanidade tramitará urbanisticamente os permisos a través da Lei de medidas en materia de proxectos públicos de urxencia ou de excepcional interese público, xa que o Plan Xeral de Ordenación Municipal de Ourense non permite obter unha licencia de xeito ordinario. A maiores, vanse destinar preto de 19 millóns para mercar, polo trámite de urxencia, material de protección fronte á covid-19, así como de test de detección da covid-19 para seguir estando preparado ante posibles brotes