O Carballiño: A rúa Cánovas del Castillo nos anos 60. Comercios e profesionales

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

Serán posibles as publicacións sobre o Carballiño dos anos 60, porque Santiago Cacho Rodríguez accede a darnos o consentimento para utilizar o seu blog:

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

O CARBALLIÑO, CALLEJERO AÑOS 60 (asruasdocarballino.blogspot.com)

Con este blog, Cacho tratou de lembrar e homenaxear aos comerciantes e profesionais que, coas súas respectivas actividades, contribuíron a manter viva a vila, na época da existencia da última rondalla da vila carballiñesa, e do grupo de música pop – rock “Los Poker”

Esta imaxe ten o atributo alt baleiro; o seu nome de arquivo é Santiago-Cacho-callejero-2.jpg

Este grupo de mozos, moitos deles alumnos de Don Juan Corral, amenizaron os entroidos dos anos sesenta cos seus desfiles e actuacións durante tres anos. 

A crónica da curta existencia de ambas formacións queda contida no blog:

https://pulpopokers.blogspot.com/2019/08/lospoker.html

Os documentos escritos que Cacho inclúe no seu blog “Carballiño. Callejero años 60” proceden da prensa da época (Faro de Vigo e La Región), da revista “Ambiente” e, sobre todo, das actas de xuntas municipais e plenos e dos programas de festas de San Cibrao.

A maioría dos antigos documentos gráficos empregados no citado blog proceden da publicación de Miguel Anxo Fernández: “Vellas Historias Vellas Fotografías 1870 – 1970” (1992). Tamén se utilizaron fotos do álbum de Xosé Manoel Rodríguez González (Pichi): “O Carballiño 1869-1979 Álbum Fotográfico da Vila do Arenteiro” (2010), de José Luis Diz: “Xentes do Carballiño 1890 – 1990” (2016) , de “Potiños”: “O Carballiño, Industria e Comercio – 1925-1995″ (2019), cuxa selección e recopilación fotográfica foi feita por José Luis Diz Rodríguez e Manuel Blanco Guerra ” Celta “, e algunha achega de Moncho Fuentes.

A parte das fotografías propias do redactor, importante foi a achega de fotografías dos familiares dos comerciantes e profesionais citados.

BADAL NOVAS

Da grazas por poder dispor do dito blog e publicalo no noso medio, traducindo ao galego as notas e comentarios que aparecen en castelán no blog orixinal, completando ca nosa propia información sobre os profesionais e comerciantes e engadindo as novas fotos que achegaron os seus familiares. Agradecemos as fotos de MONCHO FUENTES e, sobre todo, as aportadas polo profesor do IES Nº1 JUAN VALCÁRCEL OBELLEIRO e o grupo de alumnos do curso 1991-92 ( Jaime Pérez, Patricia Paniagua, Mª José Vázquez, Encarna Rodríguez e Susana Rey ) que cursando a asignatura de Deseño fixeron un traballo sobre o urbanismo do Carballiño.


VIDEO CON RÚAS DO CARBALLIÑO NO ANO 1990


RÚA CANOVAS DEL CASTILLO

En 1897, a Corporación dedica esta rúa, coñecida ata entón ( e aínda despois) como “Rúa do Medio” ou “Rúa do Centro”, ao político malagueño tras a súa morte en atentado.

Cando esta rúa termina, ábrese a unha praza, a plazoleta de San Benito, popularmente coñecida como “Praza dás Galiñas”. Cando se construíu a “Igrexa Vella”, esta plazuela tomou o nome de Obispo Carrascosa”, prelado que financiou a construción da torre da devandita igrexa e a derriba da capela de San Antonio.

CÁNOVAS DEL CASTILLO foi o político español, artífice do réxime da Restauración (Málaga, 1828 – asasinado en Santa Águeda, Guipúscoa, 1897). Licenciado en dereito pola Universidade de Madrid, as inquietudes deste mozo de orixe modesta dirixíronse inicialmente cara á literatura (na que lle apadriñou o seu tío, o escritor Serafín Estébanez Calderón) e sobre todo cara á historia, dedicación esta última que non abandonou nin nos momentos álxidos da súa vida política; escribiu notables traballos sobre os Austrias e a decadencia española, que lle valeron o ingreso na Academia da Historia (1860). Tamén foi membro da Real Academia Española (1867), a de Ciencias Morales e Políticas (1871) e a de Bellas Artes de San Fernando (1887). (de Biografías e Vidas)


2 TELEFÓNICA

A maior parte das obras do edificio, construído a mediados dos anos vinte, propiedade dos irmáns PEREIRA, Higinio e Enrique, avó e pai do médico Etelvino Pereira Seisdedos, foron encomendadas ao mestre carpinteiro Higinio Rodríguez Trigo, coñecido como “Higinio da Lebre”.

A central atopábase no primeiro piso. As responsables da mesma eran as irmás MARÍA VITORIA, ISABEL e CONCHITA BARREIRO.

Nos anos da nosa crónica, eran as operadoras da central de Telefónica as que se encargaban de poñer en comunicación ao usuario co número que desexasen.


4 LIBRERÍA CASTRO

Aproveitando a estreita relación que mantiña cos mestres, en virtude do seu cargo de Depositario do Concello, SERAFÍN CASTRO VALEIRAS creou a súa librería.

Acta municipal de marzo de 1923

Serafín e a súa esposa LEONTINA VÁZQUEZ foron pais de Irene, María Luisa, Adelina, Ramucha e Lolita.

Permiso para rótulo. 1958

Unha das fillas, Irenita, converteríase na cabeza visible continuadora da librería.

A substitución collérono a súa filla Ángeles González Castro, secundada polo seu marido “Tito”, Casimiro Fernández Otero.


6 Trasera Novedades Mariló

Trastienda e portal do edificio.


8 Trasera Tejidos Fariñas

Trastienda e portal do edificio.


9   HOTEL CALAPRÍS

Os propietarios do hotel eran JESÚS FERNÁNDEZ e a súa esposa CONCHA.

As instalacións tiñan tamén acceso polo número 8 de rúa do Carmen.


11  CAFÉ ABRALDES

O propietario do local era JOSÉ ABRALDES DACAL, casado con LOLA PITEIRA FERNÁNDEZ, irmá dos propietarios dos curtidos Piteira.

Fiestas de septiembre, 1959

O café tiña tamén acceso polo 10 da rúa do Carmen.

Permiso de obras, 1962
Fiestas de septiembre, 1963

12  CAFÉ PEÑASCO 

        Traseira do Café


13   PERITO AGRÓNOMO 

Neste número, tiña o seu domicilio e o seu despacho, o perito agrónomo ALFONSO GARCÍA GONZÁLEZ.

Este edificio era propiedade da familia da familia da súa esposa Carmen Ramos Fernández, descendentes do farmacéutico don Sinforiano Fernández.

Acta de 1964.
Permiso para obras en interior. 1966

14 Frutería ALFONSO

Era a tenda de ALFONSO, o porteiro de toda a vida do cinema Alameda.


15  CARPINTERÍA NOVOA 

Este establecemento de carpintería e mueblería pertencía a FERNANDO NOVOA SOTO

Permiso para rótulo, 1961

Esta casa foi habitada pola familia Trillo. Foi derribada no ano 1992

Conchi e Luis Domínguez Trillo


17   BAR RIOBOO

Do mesmo xeito que fixo co seu ultramarinos, EMILIO GARCÍA ÁLVAREZ deulle ao bar o nome das súas orixes: Rioboo, unha aldea do concello de Cenlle.

Imaxe actual dos números 17 e 19
Impuestos municipales 1961

19  COMESTIBLES OTERO

O propietario do negocio era JOSÉ RAMÓN OTERO GAYOSO, fillo do coñecido cobrador do concello e comerciante da Praza dos Irmáns Prieto, José María Otero, familiarmente coñecido como “O Bastoncito”.

Imaxe actual dos números 17 e 19

José Ramón e a súa esposa Gloria Castro tiveron un fillo José María, propietario da tenda Hobby Sport.

Gloria, José María y José Ramón
Permiso para letrero, 1962
Baja del padrón fiscal, 1964

21 BARBERÍA ANTONIO


23  PENSIÓN ALEJO

O propietario desta hospedaxe era o señor ALEJO RODRÍGUEZ RÚA.

Permiso para desescombrar sótano. 1958
Foto actual O Edificio Alejos
Permiso para mejoras. 1965

24   AUXILIO SOCIAL. ACCIÓN CATÓLICA


25     CACHARRERÍA GITO

Unha casiña “ na Praza dás galiñas”, hoxe desaparecida, albergaba o depósito de todo tipo de cacharos de barro de “ O Gito”, CESÁREO GAY VÁZQUEZ, casado con Josefina Piñeiro González. “O Gito” tiña tamén unha tasca na rúa Mosquera.


26 PELUQUERÍA ÁLVAREZ

Peluquería de MANUEL ÁLVAREZ VÁQUEZ

Permiso para rótulo, 1961

28     BAR CESÁREO GAY GITO”,

 traseira do bar


30     FUNERARIA BANGA

  traseira del establecimiento


32  BAZAR Don BENJAMÍN

    Traseira do establecimiento

Bazar, trastienda a Cánovas del Castillo

38 ULTRAMARINOS CAMPOS

Esta tenda de comestibles ocupaba a planta baixa do edificio e o titular era JOSÉ CAMPOS VEIGA, casado con AVELINA CONZÁLEZ. O matrimonio tiña tres fillas.

Permiso para rótulo, 1963
Permiso para toldo, 1963

OUTRAS CASAS DA RÚA CANOVAS DEL CASTILLO


AGRADECEMENTOS

En memoria dos membros da rondalla e do grupo de música “Los Poker” que faleceron e en nome dos vivos, a maioría con domicilio fóra das Terras do Orcellón, Cacho agradece a BADAL NOVAS a súa iniciativa para dar a coñecer a curta aventura daqueles mozos que viviron no Carballiño nos anos sesenta e lembrar aos seus coetáneos.

Santiago Cacho e Manuel Amil

BADAL NOVAS únese tamén ao agradecemento de Cacho por aqueles que coas súas publicacións de álbumes fotográficos facilitaron a redacción do seu blog e do que nos ocupa:

Pola nosa banda, BADAL NOVAS agradece as fotos e informacións achegadas polos familiares dos concidadáns citados no blog, os documentos gráficos facilitados por MONCHO FUENTES

Moncho Fuentes

e, sobre todo, os achegados polo traballo escolar sobre Carballiño, dirixido polo profesor JUAN VALCÁRCEL OBELLEIRO.

Grupo de Diseño ( 3º BUP Medición e Urbanismo ) do IES Nº1 . Profesor Juan Valcarcel



Se alguien quere colaborar con fotos ou documentos para enriquecer esta publicación, asi como correxir posibles erros pode facelo a través do mail info@badalnovas.com


Manuel Amil Otero. marzo de 2024