Dacón celebra a V edición da Xuntanza de Clásicos con 80 vehículos

IES CHAMOSO LAMAS

A comisión de festas da Santa Rita de Dacón continúa ca celebración nos días previos á fin de semana grande. Outra das actividades que xa forma parte do calendario é a Xuntanza de Coches Clásicos, que celebrou onte martes a súa quinta edición, recuperandose logo do parón obrigado pola pandemia. Durante esta xornada, tivo lugar a exposición de vehículos, con photocall, e posteriormente saíron en ruta, que remataron cun xantar popular. Para finalizar a xuntanza, tamén houbo entrega de obsequios e algúns sorteos.

Neste caso foi a primeira edición en homenaxe a Barny. Falamos tamén nesta ocasión con Rody González, da comisión de festas.

HIPER MASIDE

Esta xuntanza naceu coma un encontro de amigos, afeccionados ó mundo do motor clásico, que se foi convertendo nun evento de referencia na contorna, e que reúne a preto de 140 persoas nos preto de 80 vehículos que adoitan participar.