Deportistas carballiñeses da escola de hapkido Kyo Hkd do ximnasio Funfit do Carballiño participarán no campionato de españa de hapkido que terá lugar o 4 de novembro en Sevilla

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

XUNTO CON OUTROS DEPORTISTAS DA ESCOLA DE HAPKIDO DO XIMNASIO SAM MU DOJANG DA CAPITAL OURENSÁ, CONFORMARÁN POR PRIMEIRA VEZ A SELECCIÓN GALEGA QUE ACUDIRÁ A ESTA COMPETICIÓN NACIONAL

O Carballiño, 21/10/2023

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

A comunidade autónoma de Galicia está a piques de escribir un novo capítulo na historia do Hapkido, ao participar por primeira vez como selección galega no Campionato de España de Hapkido deste ano, que terá lugar o próximo 4 de novembro en Sevilla.

Galicia estará representada por un grupo de 24 deportistas, todos orixinarios da provincia de Ourense. Este logro é o resultado do incansable esforzo e compromiso de dúas escolas de Hapkido na provincia: KYO HKD no Carballiño e Sam Mu Dojang en Ourense.

Cabe destacar que este éxito foi posible grazas ao apoio incansable da Federación Galega de Taekwondo (FGT) e, especialmente, do seu presidente, Juan Carlos Eiriz. A súa contribución ao desenvolvemento do Hapkido en Galicia foi fundamental para achandar o camiño cara a esta nova aventura.