Luis Menor reivindica a cooperación como “a fórmula máxica que temos as administracións públicas para contribuír ao desenvolvemento económico dos territorios”

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

Allariz acolleu esta mañá a inauguración do SUMMIT Internacional, organizado polo Círculo de Empresarios de Galicia, que adicará toda a xornada a servir de punto de encontro da empresa de Galicia e o Norte de Portugal, mediante diversas charlas, conferencias e coloquios. 

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

O presidente provincial, Luis Menor, na súa intervención na inauguración desta xornada de networking, reivindicou a cooperación “como a fórmula máxica que temos as administracións públicas para contribuír ao desenvolvemento económico dos territorios”. Abundou tamén en que a competitividade entre rexións que hai anos era un incentivo para o impulso económico, mudou cara a cooperación: “A globalización obliga a mudar a visión estratéxica que existía hai décadas en materia de competencia. Ese cambio de estratexia fíxonos entender que son moitas máis as cousas que nos unen que as que nos separan dos nosos veciños e irmáns do Norte de Portugal. Tendemos pontes que nos permiten aproveitar xuntos todo o noso potencial”. 

Luis Menor explicou tamén a base da xestión que está a realizar na Deputación: “Cando dicimos que a cooperación é o leit motiv da Deputación, non son simplemente palabras. Falamos con feitos que se traducen en programas transfronteirizos que lideramos e promovemos”, citando programas como o de Turismo Transfronteirizo de Autor, e proxectos europeos transfronteirizos como o Circular LAbs; o Agriconect de Cooperación Transfronteiriza; ou o de Camiños Xacobeos do oeste peninsular. Ademáis, anunciou que a Deputación de Ourense vén de captar financiamento europeo para levar a cabo un proxecto a través do cal podamos artellar unha Comunidade Enerxética Transfronteiriza que avancecara a independencia enerxética das localidades da “raia”.  

Por último, o presidente da Deputación agradeceu á organización do SUMMIT Internacional a súa iniciativa, “porque xornadas de traballo como a que hoxe nos ten aquí son fundamentais para continuar afondando na cooperación que nos sirva para atraer investimentos e crear riqueza a través do emprego, potenciando a empresa e o traballo transfronteirizos como mercado profesional aberto, atractivo e dinámico. Porque cooperando conseguimos chegar máis lonxe a acadar mellores obxectivos en beneficio de todos”.