O ano rematará coa licitación de varios proxectos, como o da rúa Ourense

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

Nestes últimos meses do ano, non cesan as actuacións de mellora en infraestruturas. Por exemplo, será unha realidade moi pronto o comezo do tan ansiado proxecto da rúa Ourense. Actualmente estase a resolver o proceso de licitación logo dunha baixa temeraria da empresa que foi adxudicataria do proxecto.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Por outra banda tamén se está licitando todo o incluído dentro do Proxecto de Fondos Europeos, ligados ao patrimonio e a gastronomía, como a iluminación da Veracruz e do casco urbano. Isto en canto a proxectos que pronto comezarán a ver a luz. En canto ás obras rematadas, inclúese a rúa Carreira e tamén as do Barrio de Flores.