Diante a situación de falta de persoal na que se atopa recurrentemente o Parque de Bombeiros O Carballiño- O Ribeiro, e as emerxencias que debe socorrer dito servizo, medra a preocupación social xa que:
– Trátase dun servizo de primeira necesidade, prioritario para a poboación.
– Son 19 osconcellos afectados, un total de 955 km2 entre as dúas comarcas.
– A realidade demográfica destes concellos é a dunha poboación moi dispersa.
– Hai xornadas nas que se conta cun ou dous profesionais, o que resulta moi precario e
insuficiente para dar un servizo óptimo a ambas comarcas. Mesmo hai xornadas nas que non se conta con ningún profesional e o Parque permanece pechado.
Por estes motivos, o grupo municipal do BNG solicita do Pleno da Corporación municipal a adopción dos seguintes
ACORDOS
1. Por de manifesto a urxencia de resolver esta problemática laboral e de falta de persoal no parque de bombeiros O Carballiño-Ribeiro na maior brevidade posible.
2.- Dar traslado do acordo do pleno municipal de Ribadavia ás autoridades competentes no Consorcio Provincial de Ourense para o servizo contra incendios: Deputación Provincial de Ourense e Xunta de Galicia, para que se resolva dito problema coa maior urxencia.