A Opinión dos veciños e veciñas: “Problemas de tráfico na zona do Mercadona”

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

Sección de Badal Novas onde se publican opinións de veciños e veciñas sempre e cando estas manteñan os límites necesarios de educación e respeto.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Xa era de esperar os problemas que ía traer para a circulación a construcción do Mercadona no entorno da estación do FF.CC a carón da N-541. Xa son dabondo coñecidos os que xa temos e padecemos dende  fai tempo, que agora parece que se tratan de paliar a raiz do tráxico accidente de autobus na vispera do Nadal pero o que non podemos é provocar máis infrinxindo as normas pensando na comodidade. Non se pode seguir permitindo que porque a alguén se lle antolle entrar o Mercadona xirando a esquerda dirección Ourense (vese ben que hai liña continua e polo tanto está prohibido) provoque retencións de 7 ou 8 coches como me pasou a mín agardando a que xire ou provoque un accidente por alcance con colisión posterior facendo unha maniobra prohibida.

Tamén  está claro que está prohibido o xiro a esquerda para sair da superficie comercial e tamén se está a facer provocando retencións no interior do recinto.

Prego as autoridades que tomen medidas, e fagan controis informativos e `preventivo e seguen os incumprimentos que empecen a poñer multas. Senón non aprendemos.