Fumega alegará ao expediente de suspensión temporal aberto pola executiva do Psdeg

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

O alcalde do Carballiño, Francisco Fumega, formulará alegacións ao expediente aberto pola executiva do PSdeG-PSOE e no que se propón a súa suspensión temporal de militancia por ter levado a cabo no Concello o pacto de goberno co Partido Popular sen ter a autorización da dirección do partido. Esta proposta de expediente foi asinada o pasado martes polo secretario de organización da executiva galega socialista, Luis Ángel Lago, e está dirixida a Fumega como afiliado e secretario xeral da agrupación local do Carballiño.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Fumega manifestou hoxe a súa intención de presentar alegacións a este expediente a fin de explicar ante a dirección galega do PSOE as circunstancias que motivaron o acordo co PP carballiñés, polo cal os cinco concelleiros populares pasaron a integrar, xunto cos seis socialistas, o equipo municipal de goberno, cun conseguinte reparto das áreas de traballo e asignacións económicas.  A decisión de asinar este pacto fora acordada, e por ampla maioría, pola asamblea local dos Socialistas do Carballiño, tendo en conta a situación de parálise existente na xestión do Concello ao atoparse entón o goberno municipal en minoría.

O inicio do expediente disciplinario a Paco Fumega como militante foi acordado pola secretaría de Organización do PSdeG-PSOE “por promover e levar a cabo un acordo de goberno non autorizado pola dirección do partido cos representantes municipais do Partido Popular no Concello do Carballiño”, e, por elo, a executiva propón “solicitar a suspensión temporal de militancia” de Fumega.