O domingo, 5 de novembro remata a XVI Mostra de Teatro Amador “Terrras do Orcellón” coa posta en escena de APUNTAMENTOS PARA UN MAGNICIDIO a cargo do grupo Ditirambo Teatro Coruña. Pasamos información sobre a obra que poida ser incluída no voso medio, se facedes o favor.
Coma sempre será no Auditorio Manuel María do Carballiño, ás oito da tarde.
APUNTAMENTOS PARA UN MAGNICIDIO
En plena campaña electoral, o alcalde Fulgencio Pacheco promete construír mil vivendas sociais nun dos barrios mais deprimidos da cidade. Antes de rematar o primeiro edificio este derrubase causando a morte de tres obreiros africanos sen papeis. Co obxecto de ocultar o fatal accidente, o alcalde decide levantar unha rampla de skateboard no lugar onde permanecen sepultos ante a resistencia do xefe de obra que reclama xustiza para os seus homes e négase a que sexan esquecidos.
ELENCO
| Juan Carlos Alonso | Alcalde |
| Iago Rego | Saúl |
| Valentín Entrialgo | Xefe de obra |
| Paula Badrán | Gracia |
| Juan A. García | Director |
FICHA TÉCNICA
| Dirección | Lola Roel |
| Escenografía | Ditirambo Teatro Coruña |
| Luces e Son | Ricardo Pérez |
80 minutos.
Drama. Para público maior de 14 anos.

















