Municipios e provincias de Galicia e Portugal acoden a Xantar para atraer visitantes de proximidade

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

Máis de 100 cofrades de toda España e Portugal participaron no XIX Encuentro Internacional de Cofradías Gastronómicas y Enófilas

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Hoxe celebrouse o día das provincias de Coruña e Lugo, dos municipios de Burela e A Veiga e das cámaras municipais de Esposende e Felgueiras

O restaurante de Valdeorras, a Cámara Municipal de Maia, a Deputación provincial da Coruña e o CIM Alto Tâmega e Barroso, gañadores dos Premios Xantar Internacional 2023

Municipios e provincias de Galicia e de Portugal acoden a Xantar para buscar visitantes de proximidade ofrecendo destinos enogastronómicos de excelencia, sostible e non masificados. Precisamente o turismo de proximidade e no medio rural foi o fío condutor deste sábado de Xantar no que se celebrou o día dedicado ás provincias de Lugo, de Coruña, dos Concello de Burela e A Veiga e das Cámaras Municipais de Esposende e Felgueiras. Xantar é unha cita que ofrece aos destinos a oportunidade de, en palabras da deputada de Turismo de Lugo, Pilar García Porto, “mostrar a riqueza e a variedade gastronómica do noso territorio, o que contribúe a consolidar o modelo turístico sostible, de calidade e experiencias, que coida o patrimonio e que deixa valor no territorio polo que traballamos desde deputacións e concellos.
Durante a xornada de hoxe celebrouse tamén o XIX Encontro Internacional de Confrarías Gastronómicas e Enófilas que reuniu a máis de 100 confrades de 35 confrarías procedentes de toda a Península. Este Encontro estivo patrocinado por Córdoba Patrimonio Gastronómico, que quixo promocionar os produtos destacados d ela capital cordobesa Aceite de oliva, xamón ibérico, veu e vinagre) entre os participantes do encontro que desempeñan un papel fundamental na promoción e conservación das tradicións culinarias locais. De Córdoba participaron nesta cita ademais representantes de tres confrarías da cidade: Confraría do Salmorejo Cordobés, a Confraría do Rabo de Toro e a Confraría Gastronómica do Leitón Ibérico de Cardeña.

Premios Xantar 2023
Durante este acto central foron entregados tamén os Premios Xantar Internacional 2023 que naceron cando o salón obtivo o seu Selo de Internacionalidade (en 2014) e que contribúen a recoñecer iniciativas públicas ou privadas que destaquen pola súa posta en valor da gastronomía e o turismo, desde unha perspectiva innovadora.
Premio á Mellor Acción Promocional en materia de Turismo: Câmara Municipal de Maia. Por fomentar a cooperación público-privada á hora de participar de forma conxunta en Xantar. Por organizar showcooking, degustacións, catas comentadas, participar coa súa real confraría das Cebolas, sortear estancias nos seus hoteis entre as visitas á feira e por realizar unha intensa campaña de promoción a través das súas redes sociais.
Premio á Mellor Caseta Restaurante: Restaurante Valdeorras – Mantesil. Por presentar en Xantar dous menús que recollen o sabor dunha terra e que representan as súas festas gastronómicas. Por vincular produto a territorio e territorio a calidade, por complementar gastronómicamente a forte aposta que esta comarca realizou nesta edición do salón.
Premio á Mellor Caseta de Alimentación: CIM Alto Tâmega e Barroso. Esta entidade montou a caseta que chamou a atención a todos os visitantes da feira. Un espazo moderno e dinámico, con multitude de actividades, como o destino que representa.
Premio á Mellor Actividade relacionada coa saúde e a nutrición: Deputación provincial da Coruña. Por ter unha caseta repleta de actividade que foi un ano máis un dos máis visitados de Xantar Por promocionar cada día os recursos gastronómicos de quilómetro cero dos seus concellos elaborados por expertos chefs locais e por apoiar a participación de empresarios locais que traballan desde a sustentabilidade.
Hoxe sábado foi tamén o día de maior afluencia de público. Tanto as actividades programadas para hoxe como os cinco restaurantes do salón (4 tradicionais máis o de tapas) estiveron ao completo durante as comidas de mediodía e espérase que á hora da cea suceda o mesmo. Para animar a noite de sábado, a partir das 21.00h. haberá un novo concerto, o da Banda Dr. Slump.