A xestión desastrosa de vacinación da Consellería do Medio Rural da lingua azul ten graves consecuencias para as explotacións de vacún da Galiza

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

Vacinacións a cargo das propias explotacións ou mesmo perdas por non poder vender os animais.

Sárria, 23 de agosto de 2023. FRUGA quere manifestar o seu malestar ante o proceso de vacinación contra a lingua azul, que se está a levar desde a Consellería do Medio Rural. A parte das múltiplas perdas que se deron como consecuencia da implantación da vacina, agora atopámonos cunha xestión totalmente desastrosa; coa escaseza de persoal veterinario o que está a provocar que moitas reses non poden saír das explotacións, e a última consecuencia radica en que as ganderías galegas estanse a ver obrigadas a costear a vacinación das súas reses.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Actualmente os servizos veterinarios que ten a Xunta de Galiza para levar adiante estas tarefas, son practicamente inexistentes, debido a escaseza de persoal veterinario destinado as labores de vacinación. Ante esta situación, a solución que se pon en marcha a Consellería do Medio rural pasa por habilitar veterinarios particulares para estas tarefas. Eses veterinarios como é lóxico non van facer o traballo gratis, e desde a Consellería non van recibir ningún tipo de retribución, co cal os gandeiros e gandeiras galegas de zonas afectadas, vanse ver na obriga de pagar para que as súas reses sexan vacinadas.

Un problema que as explotacións gandeiras galegas non causamos mas que agora si estamos a padecer as súas consecuencias, pagando os custos do proceso de vacinación, a parte doutras perdas que sufriron os animais vacinados.

Igualmente as explotacións gandeiras galegas, vense afectadas na medida en que parte das súas reses non poden ser vendidas, debido a non ser vacinadas en tempo. Nunha explotación leiteira, por exemplo, podemos observar como os xatos de recría, van ter que permanecer na explotación varios meses, cando actualmente se vendían no primeiro mes de vida, algo que aumenta de forma considerable as perdas neste tipo de explotacións, tendo en conta, o escaso prezo que teñen estas reses.

Unha vez mais, estamos ante o desleixo total e absoluto por parte da Xunta de Galiza do Partido Popular, falaban moito da lexislatura do rural mas na práctica o que único que conseguiron foi que cada vez queden menos persoas activas nas ganderías galegas, e o abandono se converta no principal sinal de identidade do medio rural galego, acentuado nos últimos anos, como consecuencia do nulo interese dos mandatarios actuais, con respecto a produción agrogandeira galega.