Ourense rexistra o maior aumento de contaxios dende outubro

Nas últimas 24 horas a comunidade galega conta con 422 positivos novos de SARS-CoV-2, facendo que, restadas as altas, os datos totais pasen ós 5.902, unha cifra que ascendeu con respecto a onte. Na última fin de semana os datos totais supoñen máis de trescentos casos máis. A presión asistencial ascendeu. Hoxe hai 54 (-1) persoas na UCI, e 334 (+38) ingresados.

Na Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras hoxe rexístrase unha nova subida de casos. Rexistra 81 casos novos confirmados por PCR. A cifra sobe en 65 casos con respecto a onte, ata os 670 casos activos. Trátase do maior aumento diario dende o 26 de outubro. Os ingresos nos hospitais presentan unha estabilización, contando hoxe con 25 persoas hospitalizadas en planta nos tres hospitais da provincia; delas, 3 está na UCI, unha menos ca onte.

AVANTAR ACTIVIDADES