O Carballiño presentará en Madrid o proxecto do complexo deportivo para obter financiación

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

O concello do Carballiño anunciou no mes de maio o proxecto dun complexo deportivo na Uceira co obxectivo de crear un espazo que cumpra coas demandas históricas no eido deportivo desta vila.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

O estadio tería capacidade para 6.000 persoas e construiríase por fases segundo a dispoñibilidade económica. Comezando así por unha grada con aforo para 2.000 persoas. Manteríase o campo actual, cun novo estadio e un campo de fútbol 8.

A concelleira de deportes anunciou que o proxecto xa foi presentado en Madrid, aínda que están a espera de poder manter unha reunión co secretario de estado para o deporte ou coa ministra. O obxectivo é buscar financiamento en todas as administracións.