Sofía García, voceira municipal do BNG, ven de manter un encontro coa Asociación de Empresarios da Área Industrial do Carballiño na que se abordaron as diferentes necesidades para mellorar a situación do polígono industrial.
“As demandas que traslada a asociación non defirendas xa reiteradas noutras xuntanzas con cargos institucionais do goberno municipal” sinalou García, porén non se chegan a materializar. A necesidade de asfaltado dos viais do polígono, que mostran un avanzado estado de abandono; mellorar e actualizara sinalización dentro parque industrial; mellorar a insuficiente iluminación do polígono que non remata de actualizarse a luces LED, que se se está prolongado inxustificadamente; a mellora da limpeza das zonas comúns, ateigadas de maleza que evidencia unha ausencia de mantemento axeitado; reforzar a seguridade no polígono, que a pesar de contar con seguridade privada continúan padecendo roubos; a limpeza de sumidoiros; mellorar a recollida do lixo e aumentar o número de contedores nalgúns viais.
Para os empresarios do Carballiño é moi importante contar con máis persoal para atender as demandas das empresas, e a necesidade dun trasporte público axeitado para que os traballadores e traballadorasnon dependan de transporte particular, “sobre todo nesta época na que os combustibles supoñen un gasto tan elevado”.
Demandouse, explica Sofía García, as medidas que sería posible impulsar do acceso directo do polígono á autovía Ourense-Lugo polo beneficio que suporía para o parque empresarial. E tamén a idea proposta polo alcalde de Pontevedra dunha autovía que conecte O Carballiño con Pontevedra, a urxencia do arranxo da N-541 e posibles alternativas paraaumentar a seguridade ao seu paso pola vila mentres non se materialice a autovía.
A voceira nacionalista do Carballiño tamén se comprometeu no transcurso da xuntanza a demandar explicacións sobre a situación da ampliación do polígono industrial do Carballiño e das bases de funcionamento do Viveiro de Empresas do concello.