A Mesa Termal, integrada polas administracións responsables no Termalismo da provincia, acorda a incorporación do Campus Auga da Universidade de Vigo

Reunión da Mesa Termal de Ouresne. Asisiten Luís Menor Pérez (Presidente Deputación); Gabriel Alén Castro (Delegado da Xunta en Ourense), Manuel González Sarria (Presidente da CHMS), Patricia Torres Madureira (Deputada Provincial); Rosendo Fernández (Presidente do INORDE), Francisco Fernández Pérez (Alcalde de Leiro), Avelino Carballal Sanmarfull (Presidente Entidade Menor de Berán), María del Carmen Yáñez Salgado (Alcaldesa de Lobios), José Luis Gavilanes Losada (Alcalde de Xunqueira de Ambía), José Juan Cerdeira Lois (Xefe de Área de Benestar da Deputación de Ourense), Yolanda González Sánchez, José Rodríguez Paz, Alicia López Míguez, Laura López del Castillo e José Martínez Grande (Xunta de Galicia).
II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

A administración provincial, a administración autonómica e a administración estatal, esta a través da Confederación Hidrográfica Miño-Sil, crearon unha unidade de coordinación para impulsar a ampliación e a sustentabilidade do sector termal na provincia. Foi o pasado 3 de agosto cando tivo lugar a primeira reunión introdutoria na que se expuxeron os seus obxectivos e metodoloxía de traballo.  

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

As institucións que conforman esta unidade de coordinación entenderon como apropiada a creación da Mesa Termal como fórmula para avanzar cara a un modelo de administración máis proactiva que coordine e facilite os procedementos administrativos necesarios para a creación de novos balnearios na provincia así como a ampliación e mellora dos actuais.  

Deste xeito, hoxe tivo lugar na Sala de Xuntas do pazo provincial a segunda reunión de traballo da Mesa Termal conformada entre as tres administracións, presidida polos seus máximos responsables: Luis Menor, presidente da Deputación de Ourense; Gabriel Alén Castro, delegado territorial da Xunta de Galicia en Ourense e José Antonio Quiroga, presidente da Confederación Hidrográfica Miño-Sil. Un dos asuntos que se abordaron foi a incorporación a esta Mesa Termal da Universidade de Vigo, a través do Campus Auga, logo de ter sido aceptada a súa solicitude. Así, a partires da vindeira reunión xa terá presenza efectiva.  

O presidente provincial, Luis Menor, ao respecto desta Mesa Termal, sinalou que “estamos ante unha ferramenta moi útil para o desenvolvemento do Termalismo en Ourense. Coido que acertamos coa ferramenta porque entendemos que se cumpre co obxectivo de coordinación e axilización dos moitos proxectos que hai na provincia, polo que a nosa valoración é moi positiva, xa que vai redundar no beneficio da riqueza termal de Ourense”. 

Facilidade nas solicitudes 

Na primeira reunión da Mesa Termal fixouse que calquera administración pública de ámbito local de menos de 20.000 habitantes poida dirixirse á administración provincial demandando asistencia técnica relacionada co procedemento para crear, manter ou ampliar un balneario, asistencia que se canalizaría posteriormente a través da Mesa Termal. Así, ante a solicitude dun concello, a administración provincial valora a correspondente convocatoria aos departamentos das diferentes administracións con competencia en cada un dos aspectos relacionados coas particularidades de cada solicitude presentada, desta maneira reúnense os ámbitos administrativos con competencia para informar e asesorar o proxecto de maneira coordinada. 

Tamén pode solicitar o asesoramento da Mesa Termal calquera iniciativa privada que expoña a creación dun balneario nun municipio da provincia de menos de 20.000 habitantes.  

A Mesa Termal ten tamén como misión, ademais de informar e asesorar aos novos proxectos termais, a monitorización de todos os prazos de resposta de cada un dos pasos que un proxecto ten que realizar desde a solicitude de recoñecemento dunhas augas como mineiro-medicinais ata a data de apertura dun balneario, perseguindo a optimización dos prazos de resposta das diferentes administracións implicadas no proceso. 

Tamén na reunión desta mañá expuxéronse as solicitudes presentadas por diversos municipios para asistencias técnicas canalizadas pola Mesa Termal, como foron as de Xunqueira de Ambía, Boborás, Lobios e a entidade menor de Berán. Do mesmo xeito, analizáronse as reunións realizadas e a situación na que se atopa a posta en marcha da ampliación ou nova creación de balnearios. 

Fondos europeos 

A reunión tamén serviu para informar de que a Mesa Termal foi incluída xa como soporte de diferentes  actuacións á candidatura do POCTEP “RAIA TERMAL i3s”, presentado hai escasas semanas e pendente de resolución, como continuación do Proxecto “Raia Termal” que xa contou con financiamento comunitario. O novo proxecto integra, ademais da a Deputación de Ourense e CHMS,  á Xunta de Galicia a través de varios departamentos autonómicos con competencias no sector termal en calidade de entidades asociadas ao proxecto.