Asdifica convoca manifestacións os días 4, 11 e 18 na loita por un local propio

A Asamblea Xeral da Asociación tamén se centrou neste tema o pasado 4 de maio.

A Asociación de Persoas con Discapacidade Física do Carballiño, Asdifica, convoca para os venres 4,11 e 18 de xuño manifestacións polas rúas do Carballiño para esixir a aprobación e sinatura do convenio para a cesión dun local para desenvolver a súa actividade na Estación de Autobuses do Carballiño.

Publicidade

As manifestacións serán a partir das 19,30 horas dende a Praza do San Ramón, pasando pola Rúa Curros Enríquez, as rúas Rosalía de Castro e Tomás María Mosquera, a Praza Pardo Bazán e dende alí, pola rúa Cánovas del Castillo ata rematar na Praza Maior.

Na Praza Maior, en torno as 20,30 horas, realizarase unha concentración cada un destes días con todas as prevencións sanitarias.

Dende a asociación recordan que actualmente están ubicados nun despacho da casa do concello do Carballiño, cedido pola formación Espazo Común. Deste xeito, atópanse con que non teñen unha localización para realizar as actividades físicas que xa poden realizar. Meses atrás comezaron as negociación co concello, valorando varias ubicacións nas que poder instalarse, pero polo de agora non houbo unha decisión en firme.