Este venres, ás 20:30h na Praza Irmáns Prieto, arrinca o Festival de Música Feito no Carballiño, ca actuación de Sussie Q’s e de Impossiblues.
O domingo será a súa segunda xornada, ás 20.30h na rúa Principal, co concerto de 4mal Quartet Jazz na rúa Principal dentro do Festival de Música Feito no Carballiño.
O sábado, día de feira, celebrarase o Entroido de Verán cun novo modelo respecto a outras edicións. O entroido celebrarase pola tarde nos locais de hostalería onde a xente disfrazada poderá desfrutar dun pincho de balde coa consumición e varias charangas percorrerán a vila. Á noite, unha discoteca móbil animará a xornada de disfraces na Praza Maior.








![A algarabía cuántica da covid-19 e a matanza da señora Clotilde [relato]](https://badalnovas.com/wp-content/uploads/2020/03/jardon1-80x60.jpg)







