ABANCA, Afundación e o Concello de Xinzo de Limia asinan o convenio para a mostra «Nós tamén fomos emigrantes»

O acto de rúbrica terá lugar o luns 16 de maio na Casa do Concello de Xinzo de Limia

A exposición enmárcase no proxecto «Corrente cultural» que propicia a colaboración entre o Concello de Xinzo de Limia, ABANCA e Afundación

AVANTAR ACTIVIDADES

O Concello de Xinzo de Limia, ABANCA e Afundación asinan o luns, 16 de maio, o convenio para a realización da exposición «Nós tamén fomos emigrantes. Fotografías da Axencia EFE sobre a emigración española no século XX». A acto de rúbrica terá o luns 16 de maio ás 10.00 h, na Casa do Concello de Xinzo de Limia, e contará coa asistencia de Elvira Lama Fernández, alcaldesa de Xinzo de Limia; Mateo Alonso San Román, coordinador institucional de ABANCA en Ourense; e Beatriz Fernández-Anguiano, coordinadora institucional de Afundación en Ourense e Lugo.

A exposición, que se poderá contemplar entre o 20 de maio e o 19 de xuño, recolle unha selección de corenta fotografías da emigración, tanto española como galega, procedentes dos arquivos da Axencia EFE. O obxectivo é tratar de achegarnos a esa realidade histórica a través dunha síntese fotográfica das migracións mediante a mirada profesional e humana dos fotoxornalistas da época.

Esta colaboración é parte do proxecto «Corrente cultural», que considera a arte como un instrumento imprescindible para fomentar o coñecemento e o desenvolvemento colectivo. Grazas a este proxecto, Afundación, a Obra Social de ABANCA, impulsa a capilaridade da cultura en Galicia, ampliando a oferta artística alén das súas sedes e trasladándoa ás vilas galegas para desenvolver tamén nelas as actividades da entidade.

EventoSinatura do convenio para a realización da exposición «Nós tamén fomos emigrantes. Fotografías da Axencia EFE sobre a emigración española no século XX»
LugarCasa do Concello de Xinzo de Limia
Data e horaLuns, 16 de maio ás 10.00 h
  AsistentesElvira Lama Fernández, alcaldesa de Xinzo de Limia Mateo Alonso San Román, coordinador institucional de ABANCA en Ourense Beatriz Fernández-Anguiano, coordinadora institucional de Afundación en Ourense e Lugo