O Bng de san Cristovo de Cea lamenta que a súa proposta de recuperación de terras nin siquera fose debatida no pleno

O Bng de Cea presentou unha moción para o pleno desta mañá  no que instaba ao goberno municipal a que “ empecen a dar pasos precisos na xestión de agros abandonados no municipio para utilizalos no cultivo do trigo” xa que “ o mercado estaría asegurado para a elaboración do pan”. Propuñan ademais recuperar os antigos muíños e crear unha ruta turística, cultural e etnográfica, explicando o proceso de elaboración do pan, de modo que se poida aproveitar este potencial turístico”.

Esta moción foi rexeitada polo grupo municipal do PP no concello e nin siquera foi sometida a debate entre os concelleiros, feito que lamenta profundamente o BNG de Cea.

AVANTAR ACTIVIDADES