O Carballiño celebrará o día 8M, Día da Muller, cun acto con todos os colectivos e centros educativos

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

Dende o departamento de Igualdade do concello do Carballiño preparan un acto institucional para a xornada de mañá, ca finalidade de conmemorar o 8M, Día da Muller. A cita será ás 12:00 horas, no salón de plenos, a consecuencia da choiva. Contará ca presenza dos centros educativos e dos diferentes colectivos da vila.  

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

A programación non remata aquí, xa que para o sábado, día 11, programan unha representación teatral sobre a sexualidade e para o domingo día 12, de novo a andaina “Camiña pola igualdade” do Carballiño, saíndo da Praza Maior ás 10:00 horas. Os donativos desta andaina estarán destinados a ASPADISI. Todos os que queiran inscribirse poderán facelo ata este vindeiro xoves.