Carballiño segue baixando os casos de Covid, contando só con catro contaxiados

coronavirus

O Concello do Carballiño baixa un caso, dos 5 activos de onte ós 4 de hoxe. A tendencia á baixa das últimas semanas paralizábase ca suba de dous casos na fin de semana e hoxe volve ó ritmo de descenso. A comarca mantén os casos, sumando un total de 16.

Beariz mantén os mesmos casos activos ca onte, establecéndose nos 8 contaxiados, despois de preocupar chegando ós 30 casos. A maioría de estes casos proveñen da Residencia San Antonio, que ten tanto residentes coma traballadores contaxiados. Nos últimos días nesta residencia rexistráronse cinco falecementos.

AVANTAR ACTIVIDADES

O resto de concellos mantéñense estables. Maside mantén un só contaxiado e San Cristovo de Cea conta con dous casos. Piñor estaba sen casos e conta hoxe cun contaxiado. Os demais concellos, O Irixo, Boborás, Punxín e San Amaro están libres de coronavirus.