Acotio cos protagonistas de Almar: Josi Lage, Raul Rodríguez e Gabriel Prada

A obra de teatro “Almar”, que se estreará esta fin de semana con sesión dobre no auditorio municipal Manuel María. A obra percorrerá, posteriormente, varios países do mundo e será realizada en galego, algo que loubou o concelleiro de cultura, Diego Fernández.

A obra, interpretada pola carballiñesa Josi Lage e Gabriel Prada, conta a historia de amor de Albert Einstein e Margarita Konionkova, amor que fai moi pouco tempo saíu á luz. Ambos están dirixidos polo director uruguaio Raúl Rodríguez da Silva.

AVANTAR ACTIVIDADES

Os actores protagonistas están emocionados de estrear no Carballiño e de que este proxecto poida ver a luz despois de tanto traballo, o que supón unha inmersión completa na personaxe utilizando o método Stanislavski.