O goberno provincial propón un aumento de 2 millóns de euros no novo modelo de financiamento para chegar á metade do mandato cun orzamento de 17 millóns

Reunión da Xunta de Goberno da Deputación Ourense. Asisiten Luis Menor Pérez (Presidente Deputación); Marta Nóvoa Iglesias (VicePresidenta 1ª); César Fernández Gil (VicePresidente 2º); Placido Álvarez Dobaño (VicePresidente 3º); Rosendo Fernández; Jorge Pumar Tesouro (Deputado PPOU); Manuel Seoane Rodríguez (Deputado PPOU); Patricia Torres Madureira (Deputado PPOU); María Teresa Barge Bello (Deputada PPOU); Mónica Legaspi (Interventora Deputación Ourense); Begoña Álvarez Matos (Representante de Intervención); Juan Marquina Fuentes (Secretario Deputación Ourense); Adamantino Barreiro García (Vicesecretario da Deputación de Ourense).
II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

O presidente da Deputación de Ourense, Luis Menor, propuxo esta tarde un aumento de 2 millóns de euros no novo modelo de financiamento en cooperación cos concellos, o Plan CooperOU, de tal modo que á metade do mandato alcanzaríanse os 17 millóns de euros previstos inicialmente para este programa en 2027. 

Luis Menor lanzou esta proposta na Comisión Especial de Contas, Facenda e Recursos Humanos, na que se presentaron os orzamentos da Deputación de Ourense para 2024, marcado precisamente polo novo plan. 

COMERCIAL ORCELLÓN

A iniciativa do goberno provincial supón pasar de 5 a 7 millóns de euros a parte variable do novo modelo de financiamento. Así, o próximo ano alcanzaríanse os 16 millóns de euros fronte aos 14 millóns iniciais, xunto cun aumento de 1 millón de euros no orzamento de 2025. Con estes cálculos, o Plan CooperOU chegaría á metade do mandato cunha partida de 17 millóns de euros e co compromiso dunha revisión á alza nas seguintes dúas anualidades. 

A partida extra para financiar a nova proposta aplicaríase con cargo á modificación de crédito do primeiro trimestre de 2024. 

En todos os casos, o aumento no modelo de financiamento seguirá articulándose en torno a criterios homoxéneos de repartición, cunha parte fixa segundo o número de habitantes de cada concello, e outra parte variable na que se aplicaría o incremento e que se distribúe en base á poboación (50 %); núcleos de poboación (20 %); índice de envellecemento (15 %); e superficie do concello (15 %). Cómpre lembrar tamén outras dúas claves do plan, como son a flexibilidade no destino dos recursos e a simplificación administrativa. 

A proposta presentada hoxe supón que se pasa dun mínimo garantido no pasado mandato de 78.000 euros, a través de diversos programas, a cantidades que na totalidade dos casos superan os 100.000 euros, agás a entidade local menor de Berán (algo máis de 53.000 euros). 

Co novo incremento, concellos como O Carballiño pasaría dos preto de 321.500 euros iniciais a máis de 402.000; Ribadavia dos case 184.500 a 214.000 euros; ou Celanova pasaría dunha previsión de 223.000 euros a máis de 268.000. Beade sería o concello que menos contía recibe con algo máis de 107.600 euros. 

PUBLICIDADE ---------------------------------------------------------------------------------------------------