Este sábado (día 18) magosto na defensa da terra en Forcarei

A Asociación Alarma na Terra de Montes organiza para o vindeiro sábado 18 de

novembro un Magosto comarcal popular na aldea da Mámoa (Castrelo, Forcarei). O evento comezará arredor das 18:00 h da tarde e estará amenizado polo grupo local Os Charanghaitos e o Dúo Sabor. Haberá servizo de barra e non faltarán as castañas asadas, os asistentes poden traer doces e petiscos para compartir. Ademais, será a última oportunidade para visitar e mercar na mostra solidaria “Mamoarte” aberta dende o mes de agosto na que se reuniron os traballos creativos dunha ducia de artistas e artesáns como Lola Peneira, Fran Ameixeiras, Lino Rey Bugallo, Xosé Antón Castaño, Luís Iglesias, Paco Fraga, Adrián Rey Estraviz, María José Estraviz, Nayeli, Leonisa Pinheiro ou Aloutte Machine. Todo o recadado na mostra de artista se destinará á campaña solidaria de recadación colectiva Ti Podes Paralos!, impulsada para reunir os fondos necesarios para defender o medio ambiente e o rural galego nos tribunais fronte á actual invasión eólica.

AVANTAR ACTIVIDADES