O Proxecto foi presentado na anterior lexislatura cando Ribeiro en Común estaba no goberno local, conseguíndose parte da súa financiación, grazas a unha subvención da Xunta de libre concurrencia.
Ribadavia a 17 de novembro 2023.
Despois de varios meses de incertidume, por fin se desbloqueou o resto da financiación para o cambio de Pista no último Pleno da Deputación, aprobado grazas a aceptación das emendas feitas polos grupos da oposición ao Plan Único de reparto de fondos aos concellos da provincia.
Varios clubes teñen manifestado durante estes meses, desde que o actual goberno fixera un anuncio aínda sen confirmar ata agora, moitas dúbidas dos prazos de execución e de como afectará as súas competicións e entrenamentos.
Desde Ribeiro en Común levamos meses reclamando diálogo e información aos grupos e a todos os clubes e usuarios, sen que o goberno aínda non teña accedido a elo.
Por este motivo volvemos reclamar máis transparencia e información, e que o actual goberno cambie as informalidades cunha convocatoria para todos os afectados e grupos municipais.
Estamos a falar dun Proxecto moi importante e longamente esperado e demorado, que ascendende a máis de 160 mil euros, polo que merece maior rigor por parte do actual goberno local.