Alberto Meira e Avelino Martínez pechan o campionato galego cun convincente triunfo no rally Ribeira – Ría de Arousa

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

O Campionato Galego de Rallyes pechou a súa tempada coa celebración esta pasada fin de semana do Rallye Ribeira – Ría de Arousa, décima proba puntuable.

A proba coruñesa, epílogo do certame tivo a un equipo dominador durante as dúas xornadas de competición, o formado por Alberto Meira e Avelino Martínez, que aos mandos do Skoda Fabia R5 impuxeron un ritmo que os seus rivais non puideron seguir.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Os pontevedreses non deron opción nas difíciles condicións das especiais, con chuvia e unha superficie altamente deslizante, que se cobrou os abandonos dous conxuntos que pelexaban polos postos de cabeza, os formados por Javier Ramos (saída no primeiro treito) e Alex Moure e Jorge Pérez e Miriam Vera (saída e lesión nunha man do piloto no primeiro treito do domingo).

Desta forma, a continuación de Meira e Martínez situáronse Iago Caamaño e Alberto Rodríguez e o becado da FGA, Alexis Vieitez e Miguel Ángel García. Completaron os cinco primeiros clasificados Jorge Pérez Alonso e Unai Conde e o outro equipo becado pola FGA, formado por Marcos Maceiras e Sergio Iglesias, que viviron unha fermosa loita na recta final da proba que se definiu no derradeiro treito en favor do equipo do Porsche 991 GT3 que homenaxea ao irmán de Jorge, “Gilillo”.

Na Top Ten Pirelli Driver Autia C, primeiro posto para José Manuel Pazos e Diego Calvo, seguido de Manuel Souto e Laila Porta e Antonio López e Raquel Rodríguez, protagonistas da remontada do fin de semana.

Unha das sorpresas da proba foi o equipo formado por Jacobo Segade e Andrea Fidalgo, que brillaron nos treitos do Rallye para firmar un excelente sexto posto e impoñerse na Pirelli AMF. Neste formato promocional foron segundos Francisco Pazos e Gabriel Bermúdez e Marco Lorenzo e Diego Gil.

No Clio Trophy Galicia primeiro posto para Gabriel Gándara e Álvaro Cerqueiras, seguido de Diego Félix e Ian Quintana e Alberto Rielo e Diogo Rodríguez.

Alberto Bermúdez e José Ángel Varela gañaron no Criterium Recalvi, mentres que o primeiro posto na Beca24 foi para Eliot Gómez e José Lage.

No Volante FGA, primeiro posto ademáis dun novo triunfo na PXP para Álvaro Castro Laiño e Isidro Rey, por diante de Brais García e Iván Suárez e José Cores e Alberto dos Reis.

No Trofeo Alquinoia, Juan Manuel Freiría e Adrián Salgueiro foron os primeiros clasificados.

Clasificación final do Campionato Galego

(Puntos netos pendentes de aprobación pola FGA)

1.- Víctor Senra — 281

2.- Alberto Meira – 269

3.-Javier Ramos – 152

4.- Alexis Vieitez — 151

5.- José Lamela –147

6.- Jorge Pérez — 139