A área de Igualdade do Concello do Carballiño anunciou hoxe as actividades que están programadas para celebrar o vindeiro 25 N, Día Internacional contra a Violencia de Xénero. O acto central será este venres, día 24, ás 12:00 horas no salón de plenos, como cada no e contando con centros educativos e colectivos como os de mulleres e persoas con discapacidade e Cruz Vermella.
O día 25, sábado, o IES nº1 celebra unha andaina adicada á muller. Para o día 15 de decembro convócase a mesa de coordinación para a atención a vítimas de violencia de xénero. E para rematar, o día 21, unha charla no IES nº1 sobre agresións sexuais.
As cifras de casos incrementáronse no Carballiño neste 2023, destacando o aumento de casos en xente cada máis nova, algo a resaltar de cara a este día de reivindicacións e medidas de concienciación.