Novas sobre a Mancomunidade Turística do Carballiño, Ribadavia, Boborás e Leiro: Aprobación inicial do Orzamento e da Ordenanza de administración electrónica

O Pleno desta Mancomunidade aprobou inicialmente o orzamento xeral para o exercicio económico de 2020.

Publicidade

En cumprimento do disposto no artigo 169.1 do Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, e disposicións concordantes, exponse ao público na Secretaría desta entidade, polo prazo de quince días hábiles –que comezaran a contarse dende o seguinte ao da inserción do presente edicto no Boletín Oficial de Provincia-, co fin de que durante o dito prazo poidan formularse as reclamacións que se consideren pertinentes, as cales deberán ser dirixidas o Sr. presidente desta mancomunidade.

O Pleno da Mancomunidade Turística do Carballiño, Ribadavia, Boborás e Leiro, na sesión realizada o 10 de setembro de 2020, acordou aprobar inicialmente a Ordenanza de administración electrónica da Mancomunidade Turística do Carballiño, Ribadavia, Boborás e Leiro.


De acordo co establecido no artigo 49 da Lei 7/1985, do 2 de abril reguladora das bases do réxime local, sométese a información pública e á audiencia dos interesados polo prazo de trinta
días hábiles, durante o cal se poderán presentar reclamacións e suxestión, que serán resoltas polo mesmo órgano.


No caso de que durante o referido prazo non se presenten reclamacións ou suxestións entenderase, conforme co artigo 9 da citada Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do
réxime local, definitivamente aprobado o acordo provisional sen necesidade de acordo expreso polo Pleno.